domingo, 10 de mayo de 2015

NAICIÑA, HEROICA MULLER (poesía)

http://axendaaelg.blogaliza.org/2015/01/23/libros-dixitais-do-iem-desenvolvendo-o-nobelo-abre-unha-nova-iniciativa-editorial/
(Pincha sobre a imaxe)
http://www.minhor.org/conferencias-e-obradoiros/artigos/1119-o-ii-obradoiro-de-creacion-literaria-victoriano-taibo-presenta-desfixose-o-nobelo
(Pincha sobre a imaxe)




NAICIÑA, HEROICA MULLER.


Naiciña, heroica muller.
É señora e é labrega
que cultiva horta e casa.
Non hai hacha que non parta,
nin parede que non levante.

Naiciña, heroica muller.
Que atopa auga na sequía
e alimento no deserto.
Sorriso do rostro quebrado,
alento da forza esvaecida.

Naiciña, heroica muller.
Fábrica de ledicia,
Volcán de sabiduría.
Hombreiro no que chorar,
Orellas para lles contar.

Naiciña, heroica muller.
Amante dos que ama,
Rival dos que lle atacan.
Confidente de segredos,
Fronte e retaguardia.

Naiciña, heroica muller.
Deusa do cativo,
Rival do adolescente,
Exemplo do adulto
E lenda do ancián.

Naiciña, heroica muller.
Mestra, médica,  psicóloga,
Profeta e Estrela Polar.
Tesouro que as de atopar
Sen tempo que esperar. 

(Miguel Ángel Suárez Rodríguez)

No hay comentarios:

Publicar un comentario